Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

domingo, 3 de noviembre de 2019

SAMAÍN



Unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. Esta festa estase recuperando despois de décadas de esquecemento.
A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno.
Nesta noite, as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e xorde a intercomunicación entre os dous mundos.
No IES Francisco Asorey quixemos unirnos á celebración e vímonos mergullados nun mundo estraño, escuro e estarrecedor.  Comunicámonos coas ánimas a través de diferentes liñas de interconexión, cabazas iluminadas con candeas para escorrentar o mal,  corpos e rostros transformados circulando en  procesión polo alén,  bichos suxeitados en plataformas conectadas co máis alá. Pero o que máis nos impresionou foi escoitar anacos de conversas do outro mundo, a través dunha conexión radiofónica pirata. Virando a antena cara o cemiterio de Santa Mariña puidemos escoitar  como uns esqueletos moi curiosos conversaban e facían alusións ao noso mundo, ó mundo dos vivos.
Amosámosvos exemplos de todo isto para que poidades comprobar por vós mesmos a veracidade dos feitos que se relatan.




DECORACIÓN DA BIBLIOTECA