Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 19 de febrero de 2020

FEBREIRO CHEO, CHEO...


Aproveite ben febreiro quen mal folgou en xaneiro!

E pensabamos que este era o mes pequeno...!!! Pois veu ben cargadiño e non nos queremos perder nin unha das citas, que dan para todos os gustos!
Así que xa traballamos ...
ü   as citas de todos os amores (dende os paxariños, ata as parellas, familiares, amigas…), co noso popular concurso de chíos...        
ü   o recordo para a radio e todas as achegas que nos ofrece só con ter algo receptivas as nosas fermosiñas orellas, cunha edición especial dende  Jolichadas  Radio  
ü   a importante presenza das mulleres científicas, cunha pequena exposición feita por alumnado da ESA no Ámbito Científico

E quédannos para rematar o mes 3 que non podedes perder…
ü   a festa grande do entroido, que non hai lugar en Galicia que non celebre! No Asorey estrearémonos este ano coas populares coplas. Quedará alguén sen tocar?
ü   O Día Internacional da Lingua Materna, que a UNESCO instaurou no 21 de febreiro para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas que garanten a diversidade e o diálogo intercultural, sempre imprescindibles. Nós recordarémolo achegándoo a Rosalía.
ü   O Día de Rosalía de Castro, que no 24 deste mes quere unha festa ben merecida. O noso agradecemento virá reformulando a súa gran poesía, con versións artísticas diversas, todo envolveito nun fermoso papel de festival!
Só poderemos aguantar tanta actividade petiscando de todos os doces desta tempada!!!