Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 13 de febrero de 2020

LOVE IS IN THE AIR

Cando o amor chama á porta o mundo convértese nun espazo sólido, vital e ilusionante. O 14 de febreiro celébrase o día do amor. Cadaquén decide a quen quere concederlle este prezado ben. Hai quen considera este día como unha festa comercial e lucrativa, pero se queremos sacarlle partido e facer que se convirta en algo positivo, deixemos que aflore o mellor de nós e sincerémonos cos nosos sentimentos, para desfrutar de todo o que pode espertar tamén nos demais, naqueles que nos importan. Así o deberon pensar todos estes alumnos e alumnas do noso instituto, que decidiron deixar reflexados nestes papeis vermellos fermosos chíos de amor. Amosámosvolos para ver se producen contaxio e para participar desta festa, que tamén pode ter matiz cultural.