Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

domingo, 31 de mayo de 2020

ADIÓS AO MES DE MAIO


Váisenos este mes de maio tan absolutamente estrano.

E se para recibilo ofreciámosvos unha versión de O maio,  de Curros Enríquez  do seu poemario Aires da miña terra, -que cumpre no mes de xuño 140 anos da súa primeira edición- na versión de Batallán, hoxe para despedilo, queremos compartir con vos o traballo dunha nova xeración de músic@s galegos, que a versionan.



A musicalización do poema ‘O maio’ é obra de Nastasia Zürcher e o arranxo e produción musical estiveron a cargo de Adrián Saavedra. Jairo Moreno foi o encargado da edición de vídeo deste proxecto que desde o primeiro de maio o Consello da Cultura Galega pon disposición da cidadanía.




Boa viaxe maio de 2020...

No hay comentarios:

Publicar un comentario