Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 26 de octubre de 2020

Lecturas terroríficas para un Samaín de morte!!!

 Bo comezo de semana!!

Velaquí algunhas recomendacións literarias terroríficas dispoñibles en Biblioasorey, para gozar deste Samaín 2020!!



Gustouche Crepúsculo? Pois aquí tes unha historia igual de terrorífica e cautivadora... Aquí todo é extraño: a escola, os alumnos. Neste lugar nada ten sentido, e aquí estou eu, unha simple mortal entre deuses… ou monstros. Aínda non sei a que bando pertenzo, se é que pertenzo a algún... Só sei que o que lles une a todos é o seu odio cara min. Pero entre eles está Jaxon Vega, un vampiro con escuros segredos que me atrae, algo roto que encaixa co que hai de roto dentro de min. Jaxon despareceu por algunha razón e alguén quere espertar ao monstro durmido. Pregúntome se serei eu o anzol para atrapalo...



A través desta novela mergullámonos nas profundidades dun Ourense descoñecido, ese Ourense que se agocha debaixo das pedras da cidade e que oculta un mundo de demos vingativos. Esta é unha novela de bruxería e corrupción onde os homes poñen a súa vida ao servizo das causas santánicas. Atréveste a viaxar por debaixo das Burgas onde Lucifer desenvolve os seus ritos máis macabros? 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario