Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 2 de diciembre de 2020

 

CONCURSO  DE  POSTAIS  E 
FELICITACIÓNS 
DE  NADAL

BASES

1. Poderá participar o alumnado de ESO do centro. Establécense dúas categorías:

  •         1º, 2º de ESO
  •         3º, 4º de ESO

2. Cada participante poderá presentar unha tarxeta.

3. Aceptaranse traballos realizados con calquera técnica de deseño en papel ou cartolina, sempre que sexan orixinais e non supoñan copia parcial ou total de outros traballos artísticos.

4. Deben incluír obrigatoriamente un lema, frase, alusivo ao Nadal, que estará redactado en galego.

5. Na parte traseira deberá aparecer nome, apelidos e curso do/-a autor/-a.

6. O prazo de entrega terá como data límite o xoves 17 de decembro.

7. As tarxetas entregaranse na biblioteca.

8. O xurado estará composto por profesores e profesoras e alumnado do Equipo de Dinamización da LG, Equipo Biblioteca e Equipo Directivo.

9. Haberá 2 premios en cada categoría.

10. Poderase declarar deserto algún dos premios.

11. Todas as tarxetas, premiadas ou non, poderán ser expostas.

12. As ilustracións elixidas serán utilizadas polo centro para felicitar o Nadal.

13. A participación neste concurso supón a aceptación das bases.

No hay comentarios: