Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 21 de enero de 2021

  




BASES

-Poderá participar todo o  alumnado do IES Francisco Asorey.

- A participación será a través da escritura dun máximo de catro haikus por participante.

  O haiku é unha peza poética de orixe xaponés que conta con 3 versos de 5/7/5 sílabas. Composición simple que esixe intimidade, conciencia, liberdade emocional e trata de captar o asombro ou a emoción que produce no poeta a contemplación da realidade.

- Os textos han de ser orixinais e poden estar escritos en galego, castelán, inglés ou francés.

- O contido ou tema dos haikus ha de estar en consonancia co día de San Valentín, é dicir, tratarán sobre o sentimento do amor.

- O texto ou textos deberán presentarse na Biblioteca onde se depositarán nunha urna disposta para tal fin.

- Os haikus deberán presentarse xunto cos datos do autor (nome, apelidos, curso, grupo). Os datos figurarán no reverso do folio, cartolina, lámina no que se escriban  os textos.

- O prazo de presentación dos haikus  finalizará  o 8 de febreiro.

- Convocarase aos gañadores para a entrega de premios na semana do 15 de febreiro.

-O premio terán tres categorías:                                                             

1º categoría: 1º e 2º de ESO

2º categoría: 3º e 4º de ESO e FP

3º categoría: 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos

- Os haikus presentados serán expostos na biblioteca


No hay comentarios: