Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 9 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER  


Dende o IES Asorey seguimos traballando pola Igualdade. A conmemoración do 8M foi contemplada dende diversas propostas educativas e creativas, que tiñan o elemento común de visibilizar a loita da Muller pola Igualdade ao longo do tempo. 

Diversos profesorxs representaron unha dramatización pedagóxica desta evolución, apoiándose nunha presentación que recollía a moitas destas mulleres e as súas aportacións á historia deste proceso pola consecución de Dereitos. Foi no Salón de Actos con 4 cursos presenciais e o resto nas aulas mediante enlace para visionado en streaming.

Asimesmo, confeccionáronse Murais que enchen as paredes do centro e recollen figuras femininas de diversos ámbitos. E Frases para a Igualdade que se escribiron en avión de papel que despois botánse a voar no vestíbulo principal.

Finalmente, alguna das frases elaboradas foron elexidas para ser impresas en vinilos que foron ubicadas en zonas do centro como elemento de motivación e apoio.

O 8M é moito máis que unha celebración, é un exercicio permanente de concienciación e que debe figurar de modo horizontal en todas as programacións de actos que levemos adiante.


Elaboramos  carteis para conmemorar  o 90 aniversario do voto feminino



Actividade coordinada polo profesora Inma Castro coa colaboración do profesor Chema López e dos alumnos de 1º de bacharelato 









O alumnado de Bacharelato son os protagonistas deste vídeo recitando poemas en diversas linguas e musicando un tema de Fuxan os Ventos. Foi coordinado e editado pola profesora Rocío Domenech e tamén colaboraron Alberto Nogueira, Aurora Souto, Inma Castro e Belén Trobajo.




Organizada pola Profesora Paula Penedo, inauguramos a exposición “Con A de Astrónomas”. Unha fermosa mostra que contará cunha unidade didáctica para dar a coñecer mellor ese mundo que nos rodea.







No hay comentarios: