Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

viernes, 21 de mayo de 2021

Xela Arias

 Este é o ano de Xela Arias. Dedícanseslle as Letras Galegas 2021 a esta polifacética   muller que, no tocante ao texto poético é posuidora do dominio e da harmonía da palabra cunha finalidade innovadora e transgresora, comprometida coa realidade social que lle tocou vivir. No campo da tradución verqueu ao galego obras de autores da talla de James Joyce ou Roal Dahl, entre moitos outros, que lle proporcionaron varios premios. Importante foi tamén o seu labor como editora e como profesora de ensino secundario, labor que supuxo para ela todo un descubrimento e co que pretendía acompañar na aprendizaxe  ao alumnado que estivese disposto a percorrer este camiño.

Hoxe queremos lembrala, e no seu honor puxemos o noso amor en crear este vídeo que vos amosamos aquí, partindo dun poema seu pertencente ao seu último poemario,  Intempériome. Fixemos unha interpretación libre e, con maior ou menor calidade, quixemos participar desta lembranza tan relevante para tod@s nós.