Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 12 de mayo de 2021

XINCANA CULTURAL 2º DE BACHARELATO.

O alumnado de 2º de bacharelato despediu o curso cunha xincana cultural preparada polos Departamentos de Linguas, Normalización Lingüística e Biblioasorey.

Por grupos, tiveron que resolver unha serie de probas con preguntas sobre literatura, historia, cinema...; agás na última proba na que tiveron que improvisar un sainete ou compoñer un poema. 

Todxs puideron gozar do premio compartido, cheo de doces e unha libretiña de recordo desta última etapa no centro, para que continúen escribindo os seus soños...

Desde aquí, queremos desexarlles moita sorte nesta nova andaina!


Foto grupal dxs participantes. 



Agasallo final e algunhas probas agochadas...

Un dos grupos resolvendo a proba final. 

Grupo improvisando nunha das probas...


Un dos equipos participantes na proba final. 






No hay comentarios: