Onte pola tarde tivemos a sorte de contar coa presenza de Manuel Núñez Singala, grazas á Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, do Ministerio de Educación e Cultura.
O Encontro centrouse na temática teatral. Para iso, o alumnado de 4º de ESO preparou varias actividades sobre O achado do castro e Atranco no banco, con lecturas dramatizadas e entrevista ao autor.
Grazas a Manuel por ensinarnos tanto de teatro e normalización lingüística e tamén ao alumnado polo bo facer e saber estar!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario