Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 17 de mayo de 2022

Día das Letras Galegas

EMIGRACIÓN E EXILIO, velaquí dúas palabras que denotan partida,  fuxida do lugar propio, por obriga.  A fame ou o perigo inminente son os instrumentos punzantes que empurran a marcha.  O que connotan ten tal dimensión que é difícil simplificalo nunhas liñas. Agora ben, aínda que ámbolos dous vocábulos significan “partida”, hai  claras diferenzas de contido, no fondo e na forma .  A RAG defíneos deste xeito:

 EMIGRACIÓN:

    1. Acción e efecto de emigrar.

    2. por extensión Conxunto de emigrantes.

    3. por extensión  Circunstancia de vivir emigrado.

 EXILIO:

     1.  Acción e efecto de exiliar ou exiliarse.

          2Lugar onde vive a persoa exiliada.

         3. Período de tempo que bota neste lugar.

Estas accións implican moito máis do que aquí queda reflexado. Pero as definicións non recollen, na maioría dos casos,  as vivencias reais.

 O autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán  que naceu o 27 de agosto de 1903 en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras),  coñecía perfectamente o concepto de exilio porque o viviu na propia pel.  En 1939 exiliouse en México, país no que se integrou e no que seguiu loitando polo ideal galeguista como creador das revistas Saudade e Vieiros, fundador do Padroado da Cultura Galega e como representante na delegación de Galeuzca en México. A súa situación de marcha forzosa será o motivo de  inspiración das nosas sesións  de redacción de microrrelatos que  pretenden verbalizar distintas perspectivas deste concepto de fuxida obrigada.

Como todos os cursos, dende a biblioteca organizamos unhas xornadas para a elaboración de microrrelatos nas que participa todo o alumnado. Proponse cada ano un tema e expóñense imaxes, vídeos, música, olores, sabores... , aquilo que nos pareza axeitado como motivo de inspiración. Neste curso centramos o tema no exilio que tivo que padecer,  entre outr@s moit@s,  o noso polifacético Fernando Delgado Gurriarán.

Para esta creación individual amósase unha exposición de fotografías que reflicten a crúa realidade, do pasado e do presente. O que cada alumn@ interprete e imaxine será o produto final convertido en relato que será posteriormente seleccionado para a futura  edición e publicación dun libro.

>