Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 9 de junio de 2022

MULLERES CHEAS DE MAR

UN MURAL ADICADO ÁS MULLERES DO MAR AMPLÍA A "GALERÍA DE ARTE" DO IES ASOREY

Hoxe vimos de inaugurar o mural que a artista Susana Ferradás elaborou xunto co alumnado do noso Instituto.
A obra que é unha homenaxe ás mulleres do mar, foi eloxiada pola presidenta de Guimatur e das Mariscadoras. No acto participaron o alcalde de Cambados e o Concelleiro de Cultura. Esta obra foi posible gracias a colaboración do profesor Gerardo, Chere.
O acto foi amenizado polo profesorado do centro e o seu grupo Os Arraighados.



jueves, 2 de junio de 2022

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 Esta semana recibimos a visita dos alumnos dos centros de primaria de Vilariño, Castrelo e San Tomé.


lunes, 30 de mayo de 2022

 A biblioteca converteuse nun pequeno restaurante. Divertida actividade do Departamento de Inglés.

miércoles, 18 de mayo de 2022

 

En lembranza de Domingo Villar:


              Eu, como o mar, 

               non quería morrer.

Manolo Rivas 

martes, 17 de mayo de 2022

Día das Letras Galegas

EMIGRACIÓN E EXILIO, velaquí dúas palabras que denotan partida,  fuxida do lugar propio, por obriga.  A fame ou o perigo inminente son os instrumentos punzantes que empurran a marcha.  O que connotan ten tal dimensión que é difícil simplificalo nunhas liñas. Agora ben, aínda que ámbolos dous vocábulos significan “partida”, hai  claras diferenzas de contido, no fondo e na forma .  A RAG defíneos deste xeito:

 EMIGRACIÓN:

    1. Acción e efecto de emigrar.

    2. por extensión Conxunto de emigrantes.

    3. por extensión  Circunstancia de vivir emigrado.

 EXILIO:

     1.  Acción e efecto de exiliar ou exiliarse.

          2Lugar onde vive a persoa exiliada.

         3. Período de tempo que bota neste lugar.

Estas accións implican moito máis do que aquí queda reflexado. Pero as definicións non recollen, na maioría dos casos,  as vivencias reais.

 O autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán  que naceu o 27 de agosto de 1903 en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras),  coñecía perfectamente o concepto de exilio porque o viviu na propia pel.  En 1939 exiliouse en México, país no que se integrou e no que seguiu loitando polo ideal galeguista como creador das revistas Saudade e Vieiros, fundador do Padroado da Cultura Galega e como representante na delegación de Galeuzca en México. A súa situación de marcha forzosa será o motivo de  inspiración das nosas sesións  de redacción de microrrelatos que  pretenden verbalizar distintas perspectivas deste concepto de fuxida obrigada.

Como todos os cursos, dende a biblioteca organizamos unhas xornadas para a elaboración de microrrelatos nas que participa todo o alumnado. Proponse cada ano un tema e expóñense imaxes, vídeos, música, olores, sabores... , aquilo que nos pareza axeitado como motivo de inspiración. Neste curso centramos o tema no exilio que tivo que padecer,  entre outr@s moit@s,  o noso polifacético Fernando Delgado Gurriarán.

Para esta creación individual amósase unha exposición de fotografías que reflicten a crúa realidade, do pasado e do presente. O que cada alumn@ interprete e imaxine será o produto final convertido en relato que será posteriormente seleccionado para a futura  edición e publicación dun libro.

>

viernes, 13 de mayo de 2022

Hoxe o alumnado de 1BAC e 4ESO asistiron á proxeción posterior coloquio do documental "Dores" que ben de recibir múltiples premios do sector audiovisual.

"Dores", a curta dirixida pola arousá Coral Piñeiro que hoxe nos acompañou canda a súa produtora Míriam Martínez preséntase como resposta a "unha necesidade moi clara: loitar contra o esquecemento do acontecido durante a ditadura de Franco e as consecuencias aínda presentes hoxe en día".
Á posterior charla e debate asistiron tamén Tino Cordal (tenente de alcalde de Cambados) e Susana Sánchez Aríns (escritora e profesora de secundaria), ambos coprotagonistas do documental e da historia contada nel.
Hoxe aprendemos que os pobos que non coñecen a súa historia vense condenad@s a repetila.



lunes, 2 de mayo de 2022

DÍA DO LIBRO...DE FAMILIA

 Este ano decidimos que o noso alumnado botara a quiniela literaria para conoceren os gustos literarios do profesorado, así que a través dun concurso de fotografías infantís animámolos/as a que relacionaran libros e profes. A cousa non estivo nada fácil pero o éxito de participación foi notable.


Os gañadores desta quiniela "libresca" traballaron duron pero conseguírono!