Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

domingo, 23 de marzo de 2014


30 anos de Crime en Compostela



O 6 de febreiro conmemorouse o 30º aniversario da publicación da primeira novela negra en galego, Crime en Compostela, de Carlos Reigosa cunha xornada de análise por varios expertos no Consello da Cultura Galega.


Nestes últimos 30 anos a novela galega foi crecendo en autores e libros que xa contan cun feixe de lectores entusiastas que celebran o éxito deste xénero adicado ao crime, as investigacións e os detectives. Miguel Anxo Fernández, Domingo Villar, Manuel Forcadela e o propio Carlos Reigosa están nos andeis da nosa biblioteca agardando por vós.