Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 24 de marzo de 2014


O día 14 de marzo os alumnos de 3º e 4º de ESO e o grupo B de 1º de Bacharelato acudiron ao Salón de Actos para ver o documental A pegada dos avós que a productora EAF de A Coruña rodou o ano pasado con sete alumnos do IES Adormideras. O documental mostra a testemuña que estes rapaces recollen de dúas persoas que perderon aos seus pais despois da Guerra Civil pola represión franquista. O visionado deixou moi impresionados aos rapaces polo conmovedor das testemuñas e polo intenso das historias.
O día 18 tivemos a visita de Xose Abad, o director, que veu acompañado de Sandra García, a guionista, e de Julia e Aitana, dúas das alumnas que aparecen nesta tráxica historia. Os alumnos fixeronlles preguntas e eles explicaron a importancia de conceptos como a xusticia, a memoria e a liberdade que deben elementos permanentes nunha democracia moderna. GRazas polo voso traballo e polo agarimo co que quixechedes ensinarnos esta lección.