Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 11 de junio de 2015


CHARLA DO ESCRITOR RAMÓN CARIDE


Caride, un dos grandes das nosas Letras, con máis de 50 libros publicados, ademais de multipremiado, estivo con nós o 2 de Xuño para explicar as claves do seu libro ENDOGAMIA 0,2. Primeiro recorrimos a exposición montada ao efecto, coas ilustracións de Manuel Busto, da que Caride gustou moito. Disfrutamos da lectura e tamén, e moito, dunha detallada charla sobre os grandes temas que importan e motivan a Ramón Caride. Son temas moi actuais e que teñen que ver coa explotación da muller, a discriminación, o mal do Alzheimer, a falla de sostenibilidade medioambiental e dos recursos, os intereses empresariais, e as súas lóxicas de beneficios, os campamentos de refuxiados…  en xeral, con todos males que conducen ao noso mundo a unha situación de agravio e de desigualdade.
Os alumn@s preguntaron, indagaron e descubriron que dende a Escrita, podemos facer crítica, denuncia e prevención. Agradecémoslle a Caride a súa charla, que compartira con nos as súas motivacións, e a dispoñibilidade permanente que ten para visitarnos sempre que llo pedimos