Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 11 de junio de 2015


CHARLA CON MANUEL NÚÑEZ SINGALA

Singala, como é coñecido, estivo visitándonos o pasado día 8 de Xuño, para comentar con nos o seu libro: MENÚ DE ENGANOS. Para elo, preparamos unha escenografía que representaba unha mesa disposta para unha comida     ( co seu mantel, pratos e copas) e as preguntas seguían o esquema de: Para picar, Entrantes, Primeiros pratos, Segundos Pratos e Sobremesas. Previamente, no acceso á Biblioteca, unha exposición alusiva informaba a todo o Centro, da obra que viñamos de ler. Pretendemos con elo, seguir o esquema da súa obra e entrar en materia dun xeito diferente. Foi unha amena charla, divertida e na que afondamos na importancia das linguas e da súa necesaria convivencia, como importante elemento de riqueza e diversidade. Singala, presentado por Alberto Nogueira, fixo gala dunha gran humanidade, e deixou traslucir a súa ironía, o seu carácter didáctico e a ampla visión da nosa realidade. Os alumn@s valoraron moi positivamente as palabras de Manuel Núñez, como un elemento normalizador da convivencia lingüística, facendo fincapé na importancia de vernos como somos, a lingua 136 do mundo por número de falantes, dun total de case 6000. Agradecémoslle a súa positividade e a súa interesante visita  á nosa Biblioteca