Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.
lunes, 15 de junio de 2015
Premios FANPA
Ata catro alumnos do Asorey foron seleccionados entre
os 800 participantes do III Certame de Relato Curto organizado pola FANPA de
Pontevedra (Federación de pais e nais de Pontevedra) no que participaron dez
rapaces do noso centro. Os participantes
agrupábanse en catro categorías: Primaria, Secundaria, Bacharelato e Adultos. Noelia
Parracho de 2º de Bacharelato conqueriu o primeiro premio na súa categoría e
leu no auditorio o seu texto “Unha palabra”. Outros tres alumnos (Mariña Area,
Andrea González e Ainhoa Pereira) e un profesor (Fernando Tomé) foron
escollidos como finalistas e viron publicado o seu relato no libro que sacou do
prelo a editorial Kalandraka. Noraboa a todos, en especial a Noelia.