Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 18 de abril de 2016



No IV Certame de Relato Curto creado pola Federación provincial de ANPAS da provincia de Pontevedra foron seleccionados na categoría de secundaria dúas alumnas deste centro: MARIÑA AREA de 3º A de ESO e ÉRIKA LEAL FALCÓN; tamén forman parte dos escollidos un alumno de 1º de Bacharelato, Luis Miguel Agra e un profesor, Fernando Tomé. Os 120 seleccionados de entre os 750 presentados serán publicados na antoloxía que sairá do prelo da Editorial Kalandraka e que se entregará a todos eles o día 31 de maio nun acto que acontecerá no Pazo de Cultura do Concello de Pontevedra. Nese acto se dará a coñecer aos gañadores en cada categoría: PRIMARIA, SECUNDARIA, BACHARELATO E  ADULTOS. Noraboa aos seleccionados e moita sorte nos premios finais.

Tedes información na Biblioteca o na páxina web nontedurmas.org