Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 25 de abril de 2016

VISITA DO ESCRITOR MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ

O escritor  ourensán, afincado en Cambados, Miguel Anxo Fernández, visitounos onte no Club de Lectura Hipocampo Asorey. Este escritor, profesor Universitario e crítico de cine da Voz de Galicia, é autor de boas e entretidas obras, e creador dun estilo moi persoal, onde o irónico e a retranca teñen moito que ver coa acción e a resolución das tramas. Un dos seus personaxes máis coñecidos e o detective Frank Soutelo, capaz de resolver complexas e estrañas tramas de novela negra. Algunhas das súas obras foron premiadas en diversos certames literarios, como Un nicho para Marilyn ou  O Sabre do Francés.

 Nesta oportunidade, a visita estivo vinculada á novela O espido de Gina, que lemos co grupo de 3º e 4º da ESO. Foi unha charla amena, activa, dinámica e coa forza que MAF adita a poñer en escena cada vez que fala da súa obra. Gran comunicador, trasmite positividade e interese pola explicación dos seus procesos creativos. Explicounos o universo do pobo de Valdesantos, e os rasgos definitorios dos seus personaxes principais. Debullou os enredos coma que deslea un novelo de fío. E tamén aproveitou para facernos un avance da súa nova obra da serie de Frank Soutelo,  Un dente sen cadaver. Un auténtico luxo telo aquí con nós. Repetiremos, seguro. Moitas grazas MAF