Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 3 de octubre de 2016

Dicía Borges que a literatura non era outra cousa que un soño dirixido. Nós non sabemos se estaba errado ou non. Do que si somos conscientes é de que na nosa Biblioteca ides ter a oportunidade de descubrir mundos imaxinarios poboados de personaxes inesquecibles. Invitámosvos a unha nova andaina polo mundo da fantasía, do coñecemento e da diversión. Benvidos un ano máis.









Biblioteca escolar, territorio das Artes  e o lema elexido para este curso para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo para  experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos). 



 Imaxe creada por Minia  Regos