DÚAS CONTACONTOS
O 19 de decembro a nosa clase, xunto cos outros
primeiros e terceiros de ESO, baixou ao
salón de actos par ir ver a dúas contacontos. Pero non ían ser contacontos
normais, non, contaban as historias en galego e en inglés. Cando a primeira
contaba un anaco de conto, a outra traducíao. Eran Charo Pita e Sophie.
En total contaron catro historias: a primeira trataba sobre un rei ao que lle chocaba a cabeza cun arco cando pasaba por abaixo. Denunciaba
ao arquitecto, aos albaneis, aos carpinteiros e ata ao seu cabalo, pero ao
final, os xuíces decidiron que a culpa era do rei por ter a cabeza moi grande
e decapitárono.
A segunda trataba dun neno que tiña unha nai moi enferma e que estaba a
piques de morrer. O neno atopou a morte e
enganouna para que el a puidese atrapar. Pero ao final liberou a morte
porque sen ela ningún ser vivo morría e ninguén podería xantar.
O terceiro relato trata dunha familia, unha filla e os seus pais que un día
atoparon un mozo moi guapo para que casase coa súa filla e invitárono a comer.
Pero a familia era moi tonta e afogáronse coas súas lágrimas ao pensar o que
lle podería pasar ao fillo da súa filla e ao mozo.
E a última é unha historia do rei Arturo e o seu escudeiro que buscaban o
que facía máis feliz ás mulleres para que un cabaleiro non os matase.
En resumo, foi unha actividade moi entretida e divertida para aprender
inglés e galego.
Xaquín Arenaz Fole, 1º ESO C