Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 12 de enero de 2017

Un ano máis sae do prelo unha selección de microrrelatos  que confirma o que xa sospeitabamos:  no IES Francisco Asorey hai un talento desmedido, unha creatividade digna de resaltar e de seguir explorando.
O volume, que os autores seleccionados recibiron emocionados,  contén textos inspirados en diversos murais elaborados, á súa vez, por distintos cursos de ESO E Bacharelato. Collages onde aparecían imaxes do máis variado, dende obxectos cotiás e cercanos, ata lugares exóticos e máxicos. Arte para   espertar arte!
O Equipo de Biblioteca espera que esta nova publicación sexa do agrado de todos vós e sirva para seguir fomentando as ganas de ler e de escribir, de viaxar polo mundo das palabras, das emocións e da imaxinación