Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

sábado, 18 de febrero de 2017

DÍA DE SAN VALENTÍN

Son suficientes 140 caracteres para mostrarlle a outra persoa todo o amor que esperta en nós? Pois, semella que si.
O día de San Valentín resultou ser unha data do máis inspiradora. Cupido tocou o corazón do Asorey e, durante uns días, unha selección dos mellores tuits adornará a nosa Biblioteca. Tarxetas vermellas penduradas do fío do amor, que buscan a vosa complicidade máis íntima , dificultan o paso cara os andeis e as mesas. Parádevos, lédeas e desfrutade da verbalización do sentimento máis profundo, do máis fermoso, daquel que é capaz de cambiar o rumbo das nosas vidas.