Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

viernes, 3 de marzo de 2017

Segundo marca a lexislación vixente no tocante á actividade das bibliotecas escolares, o alumnado pode participar de xeito activo na realización e organización de boa parte das tarefas que nelas se desenvolven. Este curso, na biblioteca do Asorey, colaboran activamente un grupo de alumnas de distintos cursos. Estamos a falar de Mariña Area, Iria Castro e Rebeca Gómez de 4º de ESO; de Jessica Castro e Sofía Vilanova de 3º de ESO e de Lucía Boullosa, Marta Leiro e Laura Constantino de 1º de ESO.
Estas alumnas veñen encargándose de facer o servizo de préstamos nos recreos, da formación de usuarios da biblioteca e de colaborar na organización das diferentes actividades que nela se levan a cabo día a día. A súa boa disposición e interese anímannos a seguir avanzando.

Aquí temos un bo exemplo