Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

domingo, 25 de noviembre de 2018

EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O traballo diario, decidido e pensado, en todas as ponlas sociais é o único que pode acabar con esta lacra que ensucia cada día os informativos e a propia esencia do ser humano.
A través da escola non se pode facer todo, pero si se pode educar potenciando os valores da igualdade e corrixir condutas machistas. Se ben debería existir un oco específico para esta área educativa e un persoal cualificado para impartila, nós intentamos pór o noso gran de area a través das materias que impartimos e a través do espazo da Biblioteca.
Para facer máis visible esta realidade, colgamos paneis expositivos con frases e refráns de carácter machista; post-its para facer pensar nesta realidade, fotopoemas con voz de muller, logros relevantes da man de mulleres neste ano 2018, proxectamos vídeos informativos diversos que denuncian, informan e ofrecen posibilidades.