Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

viernes, 1 de febrero de 2019

A CANDELORIA E OS NAMORADOS


Día da Candeloria, Día dos Namorados…..
Unidos polos chíos!

O día 2 de febreiro é coñecido popularmente en Galicia como o día da Candeloria (sóache a ti?) e todo o que trae consigo son símbolos positivos. VERÁS:

Para a igrexa é o día da luz, das candeas.

Na meteoroloxía obsérvase nese día como vai vir o que resta de inverno.

Na natureza medran os días e comeza o ciclo da vida.

No mar (sen tantos avances como poden ter agora) chegaba o momento de saír con máis seguridade, tras ter pasado os peores temporais.

Na cultura popular é o día no que casan os paxariños, tras retornar das súas invernais migracións e agardando pola vizosa primavera.

E por que non quedarnos con esta última idea e achegala nós tamén ata o veciño 14 de febreiro. Como saben estes pequeniños que sen amor non se pode vivir! Pois imos seguilos e voamos cara o amor!

Dende a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística propoñémosvos, unha vez máis, que escribades nun formato mínimo, pequerrecho, cariñosiño… os vosos chíos en  galego, inglés, castelán, francés …en todas as linguas dedicados a todo aquilo que esperte en vós AMOR!!!

Non deixedes de mirar ó voso arredor para atopalo e seguide a todos estes paxaros que nos rodean!