Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

viernes, 17 de mayo de 2019

Traballamos polas LETRAS GALEGAS

E non paramos! As actividades interdisciplinares son o noso e agora volvemos xuntalas coas Letras Galegas.
Participamos, como todos os cursos, na ofrenda floral e literaria ó representante das Letras do 2019 que organiza o concello de Cambados para todos os centros escolares.
Tamén o facemos cun mural artístico que representa as distintas facetas de Antonio Fraguas e que se expoñerá nalgunha praza do concello nos próximos días.







E este curso estreámonos coa radio, no I Concurso de Podcasts da Consellería de Educación en colaboración coa Radio Galega. O concurso busca enxalzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia. E dende distintos departamentos e cursos preparáronse entradas para interpretar a Núñez Singala, Adela Leiro e Séchu Sende.
A cruzar os dedos que en poucos días coñeceremos os resultados do concurso!