Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

viernes, 29 de noviembre de 2019

25N,   DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Unha actividade organizada por Paula Penedo, profesora de Lingua Galega

Un iceberg é unha masa flotante de xeo que se atopa sumerxida. Só unha pequena fracción pode observarse na superficie (o 11%) mentres que o 89% está baixo a auga.
Así acontece coa violencia de xénero. Só unha pequena parte se ve, mentres que a maioría é invisible á sociedade.
Ó falar de violencia de xénero soemos pensar en situacións de agresións dentro dunha parella, pero iso só é a parte máis visible de todo. Na parte que se ve están os berros, os insultos, as ameazas, os abusos sexuais, as agresións físicas e o asasinato no máis alto.
A outra parte, a invisible, é a máis grande e a que está sumerxida e apenas se ve. Aquí é onde atopamos o xerme da violencia: micromachismos, linguaxe, humor e publicidade sexista, control, desprezo, chantaxe, humillación…
Nesta masa de xeo flotante poranse palabras que reflictan a nosa percepción sobre a violencia de xénero utilizando etiquetas cunha cor diferente para cada lingua. Os termos asociados á violencia visible colocaranse na parte superior e na parte inferior os que se asocian á violencia invisible.
Desta maneira irase enchendo a masa de xeo con palabras que representan a violencia de xénero.