Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

domingo, 1 de diciembre de 2019

25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


A violencia de xénero converteuse  nunha das lastras sociais máis comúns na nosa sociedade. Son moitos os tipos de violencia que poden sufrir as mulleres. Moitas veces resúltalles moi difícil  percibilos ás propias vítimas e, cando os perciben, por medo ás súas parellas ou a que as  súas contornas non crean as súas experiencias, siléncianos.
Violencia física, psicolóxica, laboral, sexual, económica, social. Maltrato e violencia executados de diferentes formas e graos,  que mutilan e esnaquizan a vida das mulleres que os sofren, por moi fortes e poderosas que sexan ou  puideran ter sido.
Aínda hai quen deshonra e cuestiona con vehemencia a urxencia coa que loitamos pola igualdade e, por actitudes coma esta , o patriarcado resiste. Mentres tanto, as mulleres seguimos sendo asasinadas, sometidas e apartadas. Pero loitamos e loitaremos.


NIN UN PASO ATRÁS!




DESMONTANDO ESTEREOTIPOS