Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

viernes, 15 de mayo de 2020

DÍA DAS FAMILIAS


Hoxe, 15 de maio, celébrase o Día da Familia, da que di a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que é "a célula básica na cal os seres humanos adquiren os primeiros rasgos para o desenvolvemento do carácter e da identidade persoal, así coma os hábitos e os valores que determinarán nun inicio, o seu pensamento e o seu desenvolvemento social".



Neste día deixámosvos esta fermosa curta ucraniana dirixida por Sergiy Maidukov, The Cord (O cordón) para que reflexionemos sobre ela, e sobre a influencia que as familias poden ter na vida d@s nos@s nen@s ...

Feliz Día da Familia!


1 comentario: