Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 13 de mayo de 2020

O MAIO

Neste maio estrano e atípico, dende a biblioteca querémosvos agasallar con este fermoso poema do poeta galego Manuel Curros Enríquez, no seu libro Aires da miña terra, e no que hai poemas premiados no ano 1877.

Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta

cantándome os nenos;

i os puchos furados

pra min estendendo,

pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...
Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.



Neste vídeo podédelo escoitar cantado polo cantautor galego Luis Emilio Batallán. Este disco, que foi o seu primeiro elepé, converteuse no disco máis vendido en galego, acadando preto de medio millón de ventas...




E se queredes saber máis sobre o que conta o poema, deixámosvos este enlace, onde volo contan moi ben contadiño:




No hay comentarios:

Publicar un comentario