Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 1 de diciembre de 2020

Actividades desenvolvidas no centro con motivo do Día contra a Violencia de Xénero



Alumnos e profesores participaron con frases e enchendo mans brancas contra a violencia de xénero

O alumnado de 1º bacharelato coa profesora Inma Castro traballaron o tema da muller no cine: empoderamento, roles e estereotipos. 




Encontro con Beatriz Laya sobre "A Francesa".  Dolores Valle, a Francesa, foi unha figura importante da historia de Cambados, e que amosou unha xenerosidade extraordinaria con este pobo. Foi unha gran benefactora dxs cambadesxs aos que donou unha parte moi importante do seu patrimonio, e que quedou no esquecemento oficial durante demasiado tempo sen un recoñecemento axeitado que, finalmente, foi subsanado nesta lexislatura e reparado con xustiza polos seus moitos merecementos.

Beatriz Laya, ex alumna de este IES Asorey, é unha Historiadora da Arte e Educadora Patrimonial e que conta cunha ampla experiencia dentro dos campos de actuacións culturais, tanto como Auxiliar de Cultura do Concello, como na súa etapa no Museo das Peregrinacións de Santiago onde realizou cadernos didácticos adaptados ao currículo escolar. Actualmente, ademáis de realizar traballos de investigación e publicacións para a revista CenFollas, realiza visitas guiadas no Pazo de Fefiñáns.

Proxección da película Las sufragistas

  


No hay comentarios: