CONCURSO DE POSTAIS E
FELICITACIÓNS DE NADAL
BASES
1. Poderá participar o alumnado de ESO do centro. Establécense dúas categorías:
- 1º, 2º de ESO
- 3º, 4º de ESO
2. Cada participante poderá presentar unha tarxeta.
3. Aceptaranse traballos realizados con calquera técnica de deseño
en papel ou cartolina, sempre que sexan orixinais e non supoñan copia parcial
ou total de outros traballos artísticos.
4. Deben incluír obrigatoriamente un lema, frase, alusivo ao
Nadal, que estará redactado en galego.
5. Na parte traseira deberá aparecer nome, apelidos e curso do/-a
autor/-a.
6. O prazo de entrega terá como data límite o xoves 17 de
decembro.
7. As tarxetas entregaranse na biblioteca.
8. O xurado estará composto por profesores e profesoras e alumnado
do Equipo de Dinamización da LG, Equipo Biblioteca e Equipo Directivo.
9. Haberá 2 premios en cada categoría.
10. Poderase declarar deserto algún dos premios.
11. Todas as tarxetas, premiadas ou non, poderán ser expostas.
12. As ilustracións elixidas serán utilizadas polo centro para
felicitar o Nadal.
13. A participación neste concurso supón a aceptación das bases.
No hay comentarios:
Los comentarios nuevos no están permitidos.