Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 17 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 A noticia de recordar este mes de maio a Xela Arias nas nosas letras só podía traer cousas boas! Quedaba ademais o pesadume de non ter “festexado” a Ricardo Carvallo Calero como se debera. Pero a chegada desta escritora, tradutora, poeta, editora, mestra … traía tanto aire fresco que nos foi engaiolando a todos dende que soubemos da súa elección pola RAG.

Entón, nas Letras Galegas de 2021 coñeceremos polo miúdo a unha das poetas da Xeración dos 80 que con títulos como Denuncia do equilibrio, Tigres coma cabalos ou Darío a diario removeu estéticas e cadros temáticos fuxindo do conformismo.


Que ben e que fermoso que loitara dende moza por rexistrar ese limpo nome XELA, que xa era familiar nela dende nena! Esta puido ser a primeira das súas batallas e achegándonos a outras fontes poderemos saber doutras máis…


https://portaldaspalabras.gal/etiquetas/letras-galegas-2021/



http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2021/

https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias

 https://xelaarias2021.gal/


Tamén poderemos escoitar versións cantadas dos seus versos

https://www.youtube.com/watch?v=PtWNud4uYYw

https://www.youtube.com/watch?v=qdQb_pBjxIc

E facer enredos como estes

https://portaldaspalabras.gal/xogo/un-retrato-de-a-xela-arias/

https://portaldaspalabras.gal/xogo/un-conto-da-nena-xela/

https://view.genial.ly/605ce3411720160d9775c0c4/interactive-content-sala-de-fuga-os-segredos-de-xela