Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 12 de mayo de 2021

ENCONTRO LITERARIO CON MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ E FRANK SOUTELO.

O alumnado de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de gozar da novela negra da man de Miguel Anxo Fernández e do seu famoso detective Frank Soutelo. 
Fíxonos un percorrido polos inicios da novela negra desde Poe, pasando polo Sherlock Holmes de Doyle, até o boom na novela negra en Galiza a partir dos anos 80. Amais, falounos de inspiración á hora de escribir, como naceu o seu detective, Frank, e algunha pincelada sobre a súa última novela que sairá ao prelo axiña. 
Proximamente publicarase unha entrevista que a rapazada lle fixo a este marabilloso escritor. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario