Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 20 de diciembre de 2021

BO NADAL

Achegouse o Nadal paseniñamente. Asomou lento como unha brisa mareira que instala recendos de fogar e de lembranzas. Un lume de afectos que fala de familia, de afectos e de memoria. Son tempos de emoción e de botar de menos a aquelxs que foron parte das nosas vidas e deixaron sementes de continuidade e ensinanzas para futuros mellores. Pasarán os anos pero todo sigue vivindo en nós. E somos o que moitxs ao longo do tempo, axudaron a que acadáramos os nosos obxectivos e a que créramos en que podíamos acadar os nosos mellores soños. Nunca estaredes sos e sempre teredes a axuda, a protección e a confianza das persoas que vos queren. Novamente, un ano máis, queremos desexarvos a todxs vos e as vosas familias, un Bo Nadal e que a Saúde e a Sorte formen parte das vosas vidas sempre.