Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 31 de enero de 2022

PAZ

PAZ

Dicionario da RAG:

Substantivo feminino
1. Ausencia de loita armada, exterior e interior, nun pobo, nación ou estado.
2. Cesación de hostilidades entre estados, mediante a celebración dun tratado.
3. Concordia nas relacións persoais.
4. Tranquilidade de espíritu, de conciencia etc.
5. Estado de tranquilidade e benestar da persoa exenta de molestias e conflitos, ou do lugar onde non hai ruído nin axitación

SINÓNIMOS: calma, quietude, sosego

Hai moitas formas de definir  o concepto paz. Podemos dedicar tempo a interpretalo, a analizar as súas diferentes acepcións. É importante teorizar sobre o valor da palabra, pero, máis aínda, cómpre traballar na súa construción, no xeito de darlle forma real. O camiño non é doado, tampouco imposible, se deseñamos unhas liñas claras de actuación para conseguir un mundo máis xusto, onde imperen uns valores básicos de xustiza, igualdade e equilibrio. Tod@s temos parte neste proxecto complexo e tod@s posuímos algo de poder para logralo. Nós, dende este espazo educativo procuramos educar día a día no valor da paz e na súa construción.

Neste 30 de xaneiro, Día escolar da non violencia e a paz, avanzamos uns pasos  para visibilizar a importancia e o significado desta palabra. Pasos ao ritmo da coreografía artística que alumn@s e profesor@s do noso instituto deron con destreza e harmonía na praza de Fefiñáns. Pasos a través da arte visual coa creación do vídeo Pasos para a paz. Pasos conscientes e filosóficos no xardín das frases Somos sementes de paz. Pasos entre a natureza viva no taboleiro Flores para a paz. 

Todos os pasos son firmes se camiñamos sen perdérmonos nesta busca necesaria