Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

viernes, 11 de febrero de 2022

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Hoxe, 11 de febreiro de 2022 no IES Francisco Asorey celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a través dunha actividade organizada por Biblioasorey e o profesor de TIC’S Hugo Martínez.

Así, o alumnado de 2º de Bacharelato, en grupos mixtos, estiveron a traballar con placas arduino para crear microordenadores dunha soa placa, pero con diferentes usos: desde reloxos até persianas que se controlan coa propia voz.

É importante fomentarmos prácticas que nos axuden a alcanzar a igualdade de xénero no eido científico e Navegarmos con M de Muller…