Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 30 de noviembre de 2015

EN LEMBRANZA 

Aínda hai no noso centro alumnos que tiveron a preciosa experiencia de escoitar a lediciosa vitalidade de Neira Vilas cando veu ao Asorey a falar dos seus libros, da súa vida, de Galicia e dos nenos que foron sempre os seus eixos vitais máis importantes. Aquí deixouse entrevistar, fotografiar, firmar autógrafos, sen deixar o seu sorriso. Agora xa non está entre nós, pero nunca o esqueceremos. Vive sempre entre nós, Balbino.