Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 8 de diciembre de 2015

A SEMANA DA MÚSICA

 Un ano máis, a Música foi o elemento de Comunicación no IES Asorey nestes días. Unha semana de actuacións musicais, coas máis diversas temáticas e ritmos. Grupos, solistas, instrumentos e voces, tomaron o Centro durante esta semana.  A Biblioteca, a Cafetería, o salón de actos, e o vestíbulo foron os improvisados escenarios, onde os  alumnos e alumnas participan dándonos o mellor da súa arte. Todos os demais,  tanto os profes como os seus compañeiros e compañeiras de clase, fomos testemuñas das súas intervencións. Os aplausos resoaron en cada recreo e en cada espazo de actuación. Moitos nervios, ensaios, algúns debuts, valentes principiantes e veteranos dominadores dos escenarios, puxeron esforzo e complicidade con Moisés e Ana, para facer unha fermosa Semana da Música. E fixeron verdade, unha vez máis o vello slogan de que nunca pare a música.