Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 9 de noviembre de 2020

EXPOSICIÓN SOBRE A COSTA DA MORTE 


Naufraxios, lendas, misterios pululan pola Costa da Morte e fan dela un lugar que non deixa indiferente a ninguén. O rumor dos piñeiros e do bater do mar contra as rocas semellan traducir as palabras dos nosos antergos. Os ventos e as tormentas que se desatan rabiosas amedrentan o noso espírito e, ao tempo, invádenos unha sensación de plena comuñón coa natureza. Simbiose perfecta de mar e montaña salpicada de pegadas do home, de cruces que nos lembran o final.


No hay comentarios: