Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

domingo, 8 de noviembre de 2020

 SAMAÍN 

En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os antigos celtas festexábano nese momento de transición do estío ó inverno. 

É nunha desas datas nas que se conta que é máis doado transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

A profunda relixiosidade dalgúns pobos galegos deu sempre unha gran importancia á comunicación cos mortos. As ánimas volvían por un día ás súas vellas moradas para quentarse xunto á cheminea e comer en compañía dos seus familiares vivos, afastando así a tristeza definitiva do camposanto.


Os alumnos de terceiro da ESO xunto coa súa profesora de lingua galega Paula Penedo baixaron a biblioteca a escoitar e escribir pequenos e terroríficos relatos de terror.