Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 28 de noviembre de 2022

Contra a vampirización patriarcal!!!

Este 25 de novembro, desde o IES F. Asorey queremos loitar contra a vampirización patriarcal que tanto dano está a facer na nosa sociedade. 

É por iso que o alumnado da ESO e Bacharelato compuxo varios Rap contra a violencia de xénero.  Tamén redactaron un manifesto que leron e, deste xeito, poñemos o noso gran de area neste Día, pero que se deben extender a todos, pois cada día debemos loitar contra a vampirización patriarcal en calquera das súas manifestacións. 


 





 

As actividades continuaron o luns 28 coa charla de Montse Fajardo para detectar e denunciar a violencia do patriarcado.É dicir, para rematar coa vampirización patriarcal. Esta charla foi presentada polo alumnado de 4º de ESO, quen leron tamén fragmentos da súa novela Invisibles




 


viernes, 18 de noviembre de 2022

Semana da Ciencia 2022.

Estes días estivemos a celebrar a Semana da Ciencia que organizan os departamentos de Bioloxía, Física e Química...etc. e no que colaboramos grazas tamén ás iniciativas das Bibliotecas Escolares. 

Entre as actividades que se foron desenvolvendo ao longo da semana, destacamos os obradoiros de química nos que aprenderon a extraer o ADN das células vexetais, a mudar a cor das moedas ao metelas nunha disolución de cloruro de mercurio... 

Por outra banda, aproveitamos para prostesta contra o cambio climático a través da figura de Greta Thumberg e veu a RTVE gravarnos (RTVE: Greta Thumberg).

Tamén se levaron a cabo charlas con membros da Asociación ecoloxista Salnés sobre o desastre ecolóxico do Prestige acontecido hai vinte anos e recuperouse unha exposición que fixera a profesora Adela Leiro (hoxe xubilada, pero continúa colaborando no centro). 

Para rematar a semana, o alumnado tivo a sorte de traballar a Astronomía e ver o cosmos a plena luz do día desde un planetario portátil que foi instalado no ximnasio ( ASTRONOMÍA ). 

Non podemos esquecernos da lectura do manifesto de José Tubio que leron as alumnas de 1º de Bacharelato, Raquel Bea, Mercedes Suárez e Naia Rodríguez  (LECTURA MANIFESTO ), e da escolma de lecturas sobre esta temática...  


    















viernes, 28 de octubre de 2022

SAMAÍN E MAGOSTO 2022!!!

Ao longo desta semana estivemos celebrando o Samaín e Magosto. Para iso, o alumnado preparou unha serie de actividades con bailes e cancións, amais da tan ben acollida decoración. 
Así ben, desde Biblioasorey e Dinamización Lingüística organizáronse os concurso de espantallos diabólicos e tamén de microrrelatos de terror. 
Todas estas actividades estiveron acompañadas dos tradicionais xogos populares de Cándido Mascato que sempre son un éxito entre a mocidade e non tan mocidade... 
Para o ano, máis e mellor!!! 







miércoles, 19 de octubre de 2022

Encontro literario con Luis Leante: Maneras de Vivir.

 Hoxe, o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de analizar ben a fondo a novela que leron recentemente, Maneras de Vivir, pois tiveron un Econtro literario con Luis Leante vía Webex. Aínda que non foi presencial, puideron sacarlle moito partido tanto pola análise da propia obra (personaxes, accións...etc.) como polas preguntas tan interesantes que lle fixeron sobre a producción literaria no noso país e as pincelas para poder comezar a escribir os primeiros textos literarios..
 
 

 

 


lunes, 27 de junio de 2022

Os equipos gañadores da última edición da Olimpíada Cultural celebraron o final de curso participando nun scape room titulado A MALDICIÓN DE RAMSÉS VIII


viernes, 17 de junio de 2022

ACCIÓN POÉTICA

Hoxe o alumnado do instituto xunto cos profesores Cristina Corral e Gerardo Rodríguez “Chere”, pintaron na  parede lateral do pavillón os versos escollidos na celebración do Día da Poesía aumentando o espazo artístico do  IES Francisco Asorey.